Asistentes telefónicos especializados poderán atender 20.000 chamadas diarias por Gripe A en Galicia

Asistentes telefónicos especializados poderán atender 20.000 chamadas diarias por Gripe A en Galicia

25 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Sanidade pública galega está preparada para dar resposta a todas as demandas informativas dos pacientes galegos en calquera aspecto relacionado coa gripe A. Alomenos isto foi o que asegurou esta mañá a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, na presentación do Plan de Preparación ante a Pandemia de Gripe A da Fundación Pública de Urx

Segundo a conselleira, a implantación deste Plan permite mellorar o servizo de consulta sanitaria á poboación de Galicia, deste xeito, todos os pacientes galegos terán comunicación directa cun equipo de profesionais sanitarios especialmente formados para ofrecer información completa de todos os aspectos relacionados coa gripe.

Pilar Farjas anunciou que para a posta en marcha deste Plan de Preparación realizouse un dimensionamento dos recursos aumentando a capacidade de resposta para atender máis de 20.000 chamadas ao día. En total haberá 240 asistentes telefónicos especializados e 72 novos postos de control e asistencia telefónica. Ademais, creáronse 29 novos postos por quenda, que se suman aos 13 existentes, facendo un total de 42 postos operativos en cada quenda. Tamén se incrementaron tres novos postos de enfermería por cada quenda. Ademais, está preparada unha sala para absorber posibles desbordamentos das chamadas con outros 40 novos postos de reserva operativos.

Outra das liñas de actuación, segundo sinalou Farjas, foi a formación de asistentes telefónicos especializados, así como do propio persoal sanitario da Fundación do 061, e a outros colectivos implicados.

Tanto as ambulancias pertencentes a rede de trasporte sanitario urxente, así como as ambulancias concertadas estarán dispoñibles para manter os tempos de asistencia adecuados para o paciente, en caso de aumento puntual da demanda. Ademais, dentro do Plan contémplase un aprovisionamento de materiais de protección en previsión do aumento da demanda, aínda que todas as ambulancias dispoñen de equipos de protección individual.

Información específica

En concreto, o sistema canalizará todas estas dúbidas sobre os procesos gripais a través do teléfono 902 400 116, que clasificará todas as chamadas en función dun protocolo de interrogatorio telefónico para pacientes adultos ou pediátricos.

En caso de que sexa unha consulta non urxente, emitiranse unha serie de recomendacións médicas útiles e, se fose necesario, derivará ao paciente a unha cita en Atención Primaria; en cambio, se se observa algún tipo de factor de risco ou de alerta, a chamada é trasladada inmediatamente ao 061, que mobilizará os recursos de urxencias-emerxencias precisos.

No casos dos nenos en idade pediátrica, a chamada será atendida por un profesional sanitario que será o encargado de facer o interrogatorio telefónico e determinar se existen criterios de derivación.

Institucional