A Asociación de Comerciantes e hosteleiros de Fene non para de soñar

A Asociación de Comerciantes e hosteleiros de Fene non para de soñar

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O seu soño de futuro é crear un centro comercial aberto en Fene pero de momento van paso a paso, coa creación da páxina web ou a posta en marcha do teléfono de atención ao cliente. Unha nova figura, a do Coordenador, axilizará a actividade da Asociación de comercio e hostelería de Fene, "O Cruceiro".

A Asociación de comerciantes e hosteleiros de Fene O Cruceiro celebrou asamblea de socios e ratificou os cargos principais da Xunta directiva que seguirá presidindo Mónica Cociña e na que actuará como vicepresidente, Jose Villares e de secretario, Juventino Rey. Os mesmos directivos, pero algúns cambios importantes aprobáronse, como por exemplo a creación do posto de Coordenador Asesor, unha figura necesaria nunha entidade que non para de medrar no numero de socios e nas suas necesidades.

Elexíuse para este novo cometido a Guillermo Lago, que se encargará do traballo administrativo e de tesoureria, do contacto coas institucións ou cos medios de comunicación e de poñer en marcha iniciativas como a paxina web :  www.ocruceiro.org ou o teléfono de atención ao socio.  A asociación contratou unha sección fixa na "Gaceta de Fene" ata fin de ano para colgar aí a publicidade e as propostas de O Cruceiro.

As iniciativas aprobadas ata o momento pasan pola campaña do Dia da Nai, no mes de maio e a II Feira multisectorial “Merca in Fene” que celebrarán no mes de  setembro cunha novidade: “vai de ruta por Fene” que pretende involucrar aos establecementos de hosteleria na propia feira.

Sociedade