A Asociación Veciñal “Valle de Esmelle” mergúllase no espírito navideño

A Asociación Veciñal “Valle de Esmelle” mergúllase no espírito navideño

10 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un bingo con agasallos e montaditos para os asistentes abre este sábado ás oito do serán a programación de Nadal da Asociación Veciñal “Valle de Esmelle”. As actividades previstas para estas datas pola entidade inclúen ademais música, charlas, cine e como non, a visita dos grandes protagonistas das festas navideñas, Papá Noel e os Reis Magos.

Tras o bingo deste sábado 12 de decembro, o programa previsto pola asociación retómanse o xoves ás seis da tarde cunha charla sobre seguridade vial baixo o título “ A túa prudencia é un exemplo” a cargo da ONG “ Stop accidentes”. Na mesma entregaranse presentes como chaleques, brazaletes ou contos. 

A música de Joaquín e o seu acordeón amenizará a xornada do domingo 20 a partir das seis e media na que tamén se poderán desfrutar dunha chocolatada con churros. Todo organizado pola Asociación de mulleres Río Daneiro.

Na tarde do 24 de decembro, día de Noiteboa, levarase a cabo unha sesión de cine. Asemade os máis pequenos poderán desfrutar da visita de Papá Noel no local social, que fará unha parada en Esmelle, na súa apretada axenda desa xornada. 

A Asociación Veciñal “ Valle de Esmelle” despedirá o ano cuns días de antelación cun brindis para todos os socios o domingo 27. O calendario navideño da entidade remátase o luns 4 de xaneiro coa visita dos Reis Magos de Oriente.

Para axudar aos máis necesitados nunhas datas tan especiais a entidade informa da recollida de alimentos destinados á Cociña económica ata o vindeiro xoves 17 así como de xoguetes ata o 29 deste mes. 

A Asociación conta con lotería de Nadal do número 56.860 que se venden en participacións de 5 euros.

Sociedade