As asociacións vilalbesas xa poden solicitar axudas do Concello

As asociacións vilalbesas xa poden solicitar axudas do Concello

13 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O prazo para solicitar subvencións do Concello de Vilalba para as Asociacións da vila está xa aberto. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral da Casa Consistorial entre as 9 e as 14 horas, segundo os modelos que están a disposición dos veciños na web do Concello ou nas dependencias da alcaldía.

Os beneficiarios serán as persoas ou entidades públicas ou privadas xuridicamente constituídas e as agrupacións sen personalidade xurídica, que están constituídas para a consecución duns fins sinalados coma subvencionables. Deben ter a súa sede social no termo municipal do Concello de Vilalba e carecer de fins de lucro; desenvolver as súas actividades no termo municipal; non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Vilalba, salvo que se lle concedese excepcionalmente prórroga ou ben tivese desistido de forma motivada e por escrito; estar ao corrente das obrigas tributarias co Concello de Vilalba, coa administración Estatal, autonómica e Seguridade Social; e non estar incursas en ningunha causa de incompatibilidade ou prohibición coas mesmas.

 

 

A contía da axuda non poderá superar, illadamente ou sumada a outras, o custe total da actividade.

 

Programación cultural para a fin de semana

O Concello de Vilalba programou unha fin de semana musical, na que os veciños da vila poderán escoitar unha zarzuela e un concerto da Asociación Musical Recreativa e Cultural de Bandeira (Pontevedra).

 

A primeira das actividades, “Nuestra Zarzuela”, achegará este xénero lírico, hoxe ás 20.30 horas, ao Auditorio Municipal Carmen Estévez. As localidades custan 9 € e están á venda no propio Auditorio entre as 17 e as 21 horas, e no Concello, de 9 a 15 horas. No mesmo recinto e á mesma hora, pero xa o sábado, terá lugar o segundo dos eventos, o concerto da Asociación Musical Recreativa e Cultural de Bandeira.

Sociedade