Asoman as Curuxas

A mostra abre o venres 27 de setembro.
24 de Setembro, 2019 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

As obras premiadas nos Curuxa do Museo do Humor de Fene expóñense xunto a outras corenta presentadas a concurso e seleccionadas para esta mostra.

Desde o venres 27 ata o 16 de novembro permanecerá exposta na Casa da Cultura de Fene unha selección dos traballos presentados aos Premios Curuxa de humor gráfico convocados polo Museo do Humor de Fene, na edición de 2019. A exposición consta dun total de 45 debuxos. Entre eles salientan as obras dos artistas galardoados este ano: “Refugiados y migrantes”, de Asier Sanz Nieto (1º premio na categoría Curuxa)

“Se tan bon é, ha de facer bo lume”, de Sandra Lodi (2º premio na categoría Curuxa)

“Para sempre”, de Javier Jareño López Cuervo (1º premio na categoría Curuxa Nova) (Na imaxe)

“Brecha xeracional”, de Beatriz Gregores (2º premio na categoría Curuxa Nova).

Tamén se amosa o debuxo finalista do certame, “Vigo Crismas Trí”, asinado por Joaquín Aldeguer López e David García Vivancos.

A mostra abre o venres 27 de setembro, na Casa da Cultura de Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora