Aspaneps pintará en Mar e Ferro un mural deseñado por Xaquín Marín

Aspaneps pintará en Mar e Ferro un mural deseñado por Xaquín Marín

12 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os obradoiros da Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps) veñen de sumarse á xornada "Mar e ferro", que organizan para o vindeiro sábado o Centro de Promoción Social de San Valentín e Son Radiofusión en Fene. Alumnos e alumnas de Aspaneps comezarán a pintar esta semana un mural de 17 metros de longo, cun deseño elaborado especialmente para eles por Xaquín Marín.

“Mar e ferro”  pretende denunciar o prolongado proceso de desmantelamento dunha tradición de traballo -a construción e reparación de barcos- que se remonta catrocentos anos atrás. O sábado 15, ás 10,30 da mañá recibiranse aos máis de 30 artistas de toda Galicia que virán a plasmar nos muros de San Valentín a súa visión do mundo do mar e da construción de buques. Ao longo de todo o dia haberá actuacións musicais e ás seis da tarde proxectaráse o documental "Carga de dignidade" sobre a acción de protesta impulsada polo colectivo Radio Buguina.

Sociedade