Aspaneps proxecta un novo mural artístico en Fene

Aspaneps proxecta un novo mural artístico en Fene

14 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O centro ocupacional de Aspaneps non para. Asinaron a semana pasada un convenio de colaboración co colexio Jorge Juan de Perlío para manter o xardín e o horto do centro educativo. Teñen varios proxectos máis para este curso escolar.

O educador de Aspaneps e alumnos do centro ocupacional da Asociación de Pais e Nais de Nenos con problemas psicosociais contaron esta mañá en qué consiste o acordo de colaboración co colexio Jorge Juan de Perlío. Os módulos de Perlío onde Aspaneps ten o seu taller, lindan co patio do Jorge Juan, daí que a veciñanza axudara a nacer esta idea que beneficiará a ambas partes. O centro escolar terá un horto ben coidado e o alumnado de Aspaneps gañará en integración social. Amais desta iniciativa relacionada coa xardinería, Aspaneps ten proxectado realizar outro mural entre a rúa Lameiro e a avenida das Pias, despois da experiencia co pintado baixo a igrexa de Perlío dentro do proxecto “ Mar e ferro”.

Sociedade