Asubíos para vivir en harmonía co medio

Teatro para reflexionar
28 de Setembro, 2018 - 12:19 h. | Publicada por Radio Fene

A rapazada de tres a dez anos ten este sábado ás doce do mediodia unha función teatral na Casa da Cultura de Fene. Elefante Elegante achega unha peza teatral que fala do respecto plo medio natural, as emocións, os afectos e o humor. Está inspirada no conto “Cada home é unha raza” de Mia Couto e propón vivir en armonía coa natureza e co planeta. A nova peza teatral percorrerá vinte localidades da rede de dinamización lingüística ata o mes de decembro.

ESCOITA O PODCAST:
Acto de presentación do Falaredes

O alcalde de Fene Gumersindo Galego referiuse na presentación da obra, á tradición teatral da localidade, lembrando aos grupos Tagallo, Agarimo de Sillobre e o da Asociación Veciñal de Magalofes. O secretario xeral de Política Lingüística Valentín García loubou ao Concello de Fene polo seu traballo pioneiro en normalización e promoción da lingua galega. Tamén interviron na roda de prensa María Torres e Gonçalo Guerreiro de Elefante Elegante.

Cultura

Publica o teu comentario agora