Até Google ilustra o seu buscador

Até Google ilustra o seu buscador
31 de Xaneiro, 2020 - 08:55 h. | Publicada por Radio Fene

Desde o portal en Internet telodibujamos.com o debuxante e ilustrador Carlos Sardiña realiza contos personalizados. Sardiña explicou en Ferrol o proceso de creación e construción da historia a partir das preferencias do seu protagonista. Participou na conmemoración do Dia da Ilustración, acto organizado polo club de Prensa na biblioteca municipal de Ferrol.

Dia da Ilustración en Ferrol

A historiadora Esperanza Piñeiro e o profesor do Instituto Concepción Arenal Quico Souto tamén interviñeron nunha xornada que lembra o nacemento de Castelao. Insistiron na importancia da ilustración no mundo actual referíndose a citas como Viñetas dende o Atlántico. Até google ilustra o seu buscador, concluíu Quico Souto.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora