Até que todas sexamos libres

Até que todas sexamos libres
08 de Marzo, 2020 - 04:29 h. | Publicada por Radio Fene

As mulleres tomaron as rúas nesta mañá de domingo para reclamar máis medidas contra a "trata de mulleres" que definen como a escravitude do século XXI. 

Manifestación feminista na Coruña

O Dia da Muller celébrase en Galicia facendo especial fincapé no rol coidador que historicamente desenvolveron e desenvolven as mulleres. Por iso, as feministas dedicáronllo ás que se fan cargo dos seus fillos, netos, avós, dos dependentes ou das familias e o seu círculo máis próximo en xeral..

A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo foron algunhas das localidades nas que se celebrou a marcha feminista nesta mañá de domingo. Non faltaron as pancartas cheas de reclamos. Algunhas rezaban que "as mulleres non son escravas", outras a ansia de "liberación e liberdade". Moitas lanzaban preguntas ao aire sobre se incomoda máis unha muller "espida ou morta" ou sobre onde está a "declaración de pandemia" para o "machovirus" que mata "a 137 mulleres ao día e 50.000 ao ano" en todo o mundo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora