Atención ao turismo

Atención ao turismo
15 de Xullo, 2020 - 12:32 h. | Publicada por Radio Fene

Xa está aberta a oficina de turismo de Fene desde esta mañá. Permanecerá aberta durante tres meses.

ESCOITA O PODCAST:

Fene prepárase para recibir aos pelegríns que percorren o camiño inglés a Compostela e a todos so visitantes que desexen coñecernos. Esta mañá, puntual, abría as súas portas a oficina de turismo de Fene. Falamos hoxe na Fenestra coa concelleira de promoción económica, Ana Basoa, da oficina ubicada na Avenida Naturais de Fene que permanecerá aberta durante tres meses e tamén o mes de Nadal.

A caseta de turismo foi obxecto dunha posta a punto antes da apertura, tanto do interior como do exterior. Por suposto conta coas medidas hixiénicas pola Covid19 e por iso os folletos publicitarios de Fene só poderá manipulalos a técnica en turismo que estará ao frente. Paralelamente o concello de Fene puxo en marcha a páxina web turismofene onde podemos ver reflexado o patrimonio natural e cultural de Fene; as praias, o camiño, as rutas de indianos, gastronomía, etc. A oficina de turismo de Fene permanecerá aberta de 8,30 a 13h e pola tarde, de 15 a 17h. De luns a venres.

A concellería de Promoción económica está pendente da resolución da Xunta de Galicia para levar a cabo unha nova edición de FENE VIVO. De momento agardamos que prospere.

Institucional

Publica o teu comentario agora