Atención a persoas dependentes, primeiro curso formativo do Plan Urban

Atención a persoas dependentes, primeiro curso formativo do Plan Urban

21 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O proceso de selección do alumnado da primeira das accións formativas que levará a cabo o Concello ao abeiro do Plan Urban iniciouse esta mañán. Será un curso teórico-práctico centrado na atención a persoas dependentes. Diríxese a persoas desempregadas residentes en Ferrol e ofertánse 15 prazas. Terán prioridade aquelas empadroadas nos barrios de influencia da Zona Urban: Canido, Ferrol Vello e A Magdalena.

A acción formativa “Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio” ten unha duración de 640 horas lectivas, das que 480 son formación específica, 120 de formación profesional titorizada e 40 de formación transversal complementaria. Algunhas das materias a tratar serán hixiene e atención sanitaria domiciliaria, atención e apoio psicosocial domiciliario, ou apoio domiciliario e alimentación familiar.  A data de inicio do curso é o mes de outubro e as clases, na súa parte teórica e transversal, levaránse a cabo de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas na Aula de Formación do Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio,rúa María,158. A formación poderá desenvolverse tanto en quenda de mañá como de tarde.

Para anotarse é preciso presentar a solicitude antes do mércores 29 de setembro na Oficina Urban ,rúa Real 194, en horario de 9 da mañá a dús da tarde, de luns a venres.

Sociedade