ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Preto de 600 estudantes participarán xoves e venres nas Xornadas de Atletismo Divertido do Concello de Fene. O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, explica que se desenvolverán en horario escolar no pavillón de A Xunqueira.
Uns seiscentos rapaces e rapazas dos centros educativos de Fene tomarán parte este xoves e venres nas Xornadas de Atletismo Divertido que organiza o Concello a través da Concellería de Deportes. Á vista das condicións climatolóxicas previstas para esta semana, as actividades realizaranse no pavillón de A Xunqueira en horario de mañá, dende as 10,20 horas aproximadamente.
O xoves participarán os estudantes de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan de Perlío e CPI A Xunqueira, namentras que o venres tomará o relevo o alumnado do CEIP O Ramo, CEIP Centieiras e CEIP Os Casais. Segundo explicou o edil de Deportes, Rodríguez Bastida, son unhas xornadas completamente lúdicas, para que nenos e nenas coñezan as diferentes modalidades do atletismo xogando e divertíndose.
As probas a realizar serán salto lateral, lanzamento de peso/precisión, ximkana, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, velocidade (50 metros), 50 metros vallas e carreira de relevos. Entre as 11,05 e 11,25 nenos e nenas daranse un descanso para a merenda. O Concello, que organiza a actividade, asume tamén os custes dos monitores, transporte dende os colexios e avituallamento e as actividades realízanse con material adaptado ás diferentes idades do alumnado.
Publica o teu comentario agora