Atopan mortos ao ex-alcalde de Cerceda e á súa dona

Atopan mortos ao ex-alcalde de Cerceda e á súa dona

20 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

"A cama non estaba revolta,o gas estaba pechado e ata o momento da autopsia só se pode falar de conxeturas" afirmou o alcalde de Cerceda José García Liñares. O ex alcalde da localidade, Jesús Orgeira Muiño, de 67 anos, e a súa muller, Carmen Rodríguez, de 63, foron achados mortos esta tarde no seu domicilio de Pau do Lobo, aldea situada a un tres quilómetros do núcleo urbano de Cerceda. Os corpos sen vida do matrimonio foro

Segundo as primeiras informacións, os dous corpos non presentaban signos de violencia.  Os cadáveres foron trasladados ao Tanatorio do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde está previsto que mañá se lles practique a autopsia para determinar as causas da súa morte.

Orgeira foi alcalde da localidade entre 1985 e 1992 polo PSdeG. O actual alcalde de Cerceda, José García Liñares, que foi concelleiro durante a etapa de Orgeira como alcalde, declarou a EFE que os corpos sen vida da parella foron achados polo seu fillo sobre as 15.40 horas. O alcalde agregou que a parella era moi querida na localidade, onde levaba unha vida completamente normal, e que Jesús Orgeira levaba actualmente a concesión do karting de Ordes. O alcalde realizou estas declaracións minutos antes do inicio da reunión ordinaria do Pleno do Concello, que se iniciou ás 20.30 horas cun minuto de silencio e que decretou un día de loito polos dous falecementos.

Sociedade