ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Localizan en Fene o corpo dun home que levaba varios dias morto no seu domicilio. Uns familiares denunciaron que levaban varios dias sen saber nada del,o que motivou a actuación da Garda Civil.
Axentes da Garda Civil localizaron sobre a medianoite deste mércores ao xoves o corpo sen vida dun home no interior dunha vivenda do barrio de San Valentín, no municipio de Fene Foron uns familiares os que denunciaron que levaban varios días sen saber nada del, o que motivou a actuación dos efectivos da Benemérita, que se atoparon no interior da vivenda, situada no bloque número 9 da Avenida do Mar, un corpo sen vida. Barallan que se trata do seu morador, R.P.F., de arredor de 50 anos de idade, confirmaron fontes consultadas. O corpo do home falecido foi trasladado ao Hospital Juan Cardona, no barrio de Caranza, en Ferrol, para poder practicarlle a autopsia e constatar que se trata do propietario da vivenda.
Publica o teu comentario agora