Atopan sen vida o corpo do home desaparecido en Cabanas

Atopan sen vida o corpo do home desaparecido en Cabanas

03 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Efectivos de Protección Civil atoparon hoxe o corpo sen vida do home de 64 anos que desapareceu o pasado martes en Pedra do Couto, no municipio de Cabanas (A Coruña). Segundo informaron hoxe fontes de Protección Civil a Europa Press, o corpo do home foi achado nunha zona próxima á vivenda familiar. Domingo Alvarez Alvarez, de 64 anos abandonou o seu domicilio despois de escribir con tiza nun alpendre a palabra perdón.

Sobre as 8.30 horas desta mañá púxose en marcha un operativo cunhas 60 persoas, formado por Protección Civil xunto a un grupo de cazadores voluntarios da zona con cans, desde as portas da vivenda do sexagenario para iniciar un rastrexo na zona da ribeira do Río Eume. Pouco antes das 10.00 horas os efectivos localizaron o corpo sen vida do home.

Desde o pasado mércores, cando un dos fillos do desaparecido puxo a denuncia, Garda Civil e Protección Civil rastrexaron nun radio de entre seis e sete quilómetros ao redor da vivenda onde residía o home. Ata, houbo voluntarios que se mobilizaron polos municipios de Fene ou Narón para repartir carteis co nome do desaparecido e a súa fotografía.

No dispositivo de procura, iniciado o pasado mércores, participaron case un centenar de persoas. Usáronse cans de rastrexo, un helicóptero e buzos para sondear a presa de Ventín, nas proximidades da zona.

Sociedade