Aturmar da un paso máis para converter A Mariña Lucense nun destino turístico referente

Aturmar da un paso máis para converter A Mariña Lucense nun destino turístico referente

13 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A Asociación de Turismo Rural de A Mariña Lucense, Atrumar deu un paso máis para conseguir consolidar a comarca como un destino turistico de referencia coa firma dun convenio coa empresa Tus Viajes SG que traballará como plataforma de viaxes a través da web www.sientegalicia.com

Aturmar e a nova empresa “Tus viajes SG” chegaron a este acordo polo que a desenvolverase como axencia de viaxes receptiva e buscará novos clientes e visitantes para que recalen na comarca.   Este traballo desenvolverase a través da rede e mediante a plataforma www.sientegalicia.com. Ambas entidades apostan por aunar esforzos para impulsar iniciativas viables, innovadoras e de alto valor competitivo que potencien o sector turístico como instrumento para a xeración de emprego e benestar para os habitantes da Mariña e tamén co obxectivo de desestacionalizar o turismo na zona.

Aturmar poñerá a disposición de 'sientegalicia' toda a rede de aloxamentos no medio rural asociados, da Mariña Lucense para que se comercialicen tanto os aloxamentos como todos os productos turísticos que a asociación deseñe, por exemplo diferentes paquetes turísticos. A plataforma “sientegalicia” solo traballará en exclusiva no turismo rural de A Mariña e a Ribeira Sacra.  Con este convenio a asociación de turismo rural da un paso máis en buscar solucións para desestacionalizar o turismo na Mariña Lucense a través de novas alternativas, ésta última formando parte do mercado das axencias de viaxes para que comercialicen os productos mariñano.

A Asociación de Turismo Rural da Mariña Lucense ten 28 establecementos asociados e leva organizados xa diferentes actos e eventos para potenciar o turismo na comarca, como a organización dun Congreso Anual na Mariña ou a participación en diferentes feiras internacionais. Agora queren explotar ós recursos que ofrece Internet para dar a coñecer as bondades e opcións en materia de turismo e vacacións que ofrece o norte da provincia de Lugo.

Sociedade