A auga é a maior riqueza de Sillobre

A auga é a maior riqueza de Sillobre

24 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O local veciñal de Sillobre - Fene- abarrotouse de veciños-as que seguiron con atención a charla pola celebración do Dia Mundial da Auga. Da auga como fonte de traballo e riqueza guióu o discurso de Henrique Sanfiz na súa intervención. Falou de duas fábricas nacidas en Sillobre á beira do Belelle; a fábrica de papel e a Central eléctrica, que xunto á de Caldas de Reis foron as primeiras de Galicia. Quedou no ar a hip&oa

Das lavandeiras falou Mariña Seco, unha veciña que supera os 90 anos e que recorda todo o proceso da dura tarefa de lavar. No mesmo acto, un neno chamado Telmo Corral, cantou unha cantiga sobre Sillobre aprendida ao seu avó. As dúas intervencións reprodúcense nesta nova. 

No acto celebrado onte, a asociación Mesturas lembrou os preparativos da xornada de recreación das Lavandeiras do día 9 de maio. Entre outras suxerencias para ese día, recomendaron colgar roupa branca dos tendais e das ventás de todalas casas para que ese día Sillobre luza toda branca como antano, cando lavaban as lavandeiras.

A AVV advertiu que os veciños-as que desexen ir na lancha coas lavandeiras, ida e volta entre Perlío a Ferrol, se apunten na asociación veciñal. Segundo informou o directivo, Luis Seijo, xa está chea unha lancha e están cubrindo unha segunda. Recoméndase á xente que acuda vestida de época.   

Sociedade