A auga chegará á zona alta de Fene

A auga chegará á zona alta de Fene

03 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O proxecto que dotará de auga e saneamento á parte alta de Sillobre, San Marcos e Belelle someteráse a aprobación no pleno do Concello de Fene deste xoves. O proxecto non recibiu ningunha alegación mentras estivo exposto publicamente. Despois de pasar o requisito do pleno, reenviarase á Augas de Galicia.

Máis de 2 millóns de euros custará levar a auga e o saneamento a esta zona de Fene, segundo o concelleiro de obras, José Antonio López. A actuación  contempla o abastecemento de auga a San Marcos, parte de Magalofes e a zona alta de Sillobre ademáis do saneamento dalgunhas destas zonas. O proxecto pasará á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia porque será a administracción galega a encargada da súa licitación e do seu financiamento, segundo ten comprometido. O concello fenés acadou tamén o compromiso de Augas de Galicia de dar solución aos anegamentos que produce o río Cádavo en Perlío, nas inmediacións das vivendas sindicais e o casino. O Concello conta co compromiso de Augas de Galicia de descubrir o río que dende hai anos circula canalizado. Isto ten provocado problemas de inundacións ao atascarse as tubaxes soterradas baixo a ponte en numerosas ocasións, a ultima co temporal do Klaus no mes de xaneiro. Técnicos de Augas de Galicia achegáranse nos próximos días a Fene para estudar a mellor solución. A priori hai un problema porque o río nesa zona discurre por unha APE (área de planeamento específico) e iso complica as cousas, segundo o edil fenés.

A mesma concellería de obras apura a licitación dos proxectos do Fondo de Investimento local. Os máis avanzados son os asfaltados de camiños e os parques, Ameneiral e o que se ubicará a carón da casa do concello.

Sociedade