Auga e saneamento

As obras de Limodre fináncianse con cargo ao POS+ 2018
08 de Maio, 2019 - 09:54 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene inicia as obras de pavimentación e dotación dos servizos de abastecemento e saneamento nas rúas Coto Pequeno e Penela en Limodre. A intervención conta cun orzamento cercano aos 60.000 euros.

O Concello de Fene iniciou os traballos de pavimentación e dotación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga potable nas rúas Coto Pequeño e Penela, na parroquia de Limodre. Intervencións que suman un orzamento de 59.982 euros a financiar con cargo ao POS+ 2018 e contan cun prazo de execución de dous meses.

A rúa Coto Pequeno, sita entre a Estrada de Laraxe ao Norte e a rúa Cotarelo ao Sur, ten unha lonxitude de 160 metros, namentras que a rúa Penela, que parte da rúa Fonte, abarca 150 metros. As vías serán aglomeradas, agás no tramo final da rúa Coto Pequeño, xa que a pendente e o escaso ancho, aconsellan un pavimento ríxido con capa de rodadura de formigón en continuidade coa existente na rúa Cotarelo. No tocante á dotación de servizos, prevese a instalación da rede de saneamento de augas pluviais e fecais no tramo final da rúa Coto Pequeno e do subministro de auga potable ao longo das dúas vías. (Na imaxe Coto Pequeno).

Institucional

Publica o teu comentario agora