A auga que cruza a ría

A tubería que discurre pola Ponte das Pías está moi deteriorada a causa da salitre
09 de Abril, 2019 - 11:44 h. | Publicada por Radio Fene

A canalización da rede xeral que trae a auga pola Ponte das Pías precisaría unha renovación total, se ben é certo que unha parte xa foi renovada a causa da rotura da ponte, cando choucou contra ela o Discoverer Enterprise en xaneiro de 1998.

ESCOITA O PODCAST:

Unha fuga na rede xeral que trae a auga desde As Forcadas a Fene, Ares e Mugardos, ten preocupados aos concellos impicados. O próximo venres representantes políticos dos concellos de Ferrol, Fene, Ares e Mugardos, así como da empresa Emafesa, reuniranse con responsables de Augas de Galicia para analisar a solución que se pode dar a este problema. A esa decisión chegouse onte na reunión da Mancomunidade. En palabras do alcalde de Fene, Gumersindo Galego, a tubería que trae a auga pola ponte das Pías está moi deteriorada porque é de fundición e non resiste máis o salitre. Se se repara provisionalmente a fuga existente, pode romper todo, así que hai que buscar unha alternativa que, por prudencia, non deixe sen auga a esta banda sur da ría.

Noutra orde de cousas, onte mesmo adxudicouse a reforma da escola infantil de Perlío. Adxudicouse á empresa Camoga por un importe superior a 18.000€. As obras teñen por obxecto habilitar unha saída pola parte posterior da escola para favorecer a evacuación en caso de emerxencia. Tamén inclúen a reparación da canalización de pluviais cuxo defecto provoca humidades no interior.

Institucional

Publica o teu comentario agora