ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A dirección de Noa madeira creativa presentou esta mañá unha nova oferta aos traballadores despedidos da fábrica de Fene. Ante esa situación aprazouse o xuizo previsto para as nove e media desta mañá no Tribunal Superior de Xustiza na Coruña. A empresa ofreceu incrementar a indemnización dos 20 ata 30 dias por ano traballado.
A asemblea de traballadores de Noa madeira creativa analisará esta nova oferta e adoptará unha decisión ao respeito. Polos problemas do coronavirus, está ainda sen fixar o local e o dia no que se celebrará a reunión. De momento o grupo Malasa ofrece unha indemnización de 30 dias por ano traballado, en lugar dos 20 dias ofertados inicialmente, para os 64 empregados despedidos de Noa. Se non hai acordo, o xuizo reanudarase o dia 27. Quedan na fábrica de Vilar do Colo en Fene, 80 empregados dos que a maioria están incluidos na regulación de emprego, non ERTE. Aquí Malasa ofrece reducir de 15 a 12 meses a vixencia da medida, aplicalo con carácter rotatorio e que ningún traballador pase máis de seis meses no paro.
Publica o teu comentario agora