Autobús ao cemiterio

Polo Nadal increméntanse tamén as visitas ao cemiterio municipal
05 de Decembro, 2018 - 12:06 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene pon a disposición da veciñanza o autobús ao cemiterio municipal o venres dia 7 de decembro pola tarde. O sabado festivo o cemiterio pecha as portas no horario de tarde.

O cemiterio municipal de Fene pechará o sabado pola tarde ao coincidir co dia da Inmaculada, xornada festiva. O servizo de transporte ao cemiterio do campo da Arca activarase o venres dia 7 pola tarde. Así o autobús sairá ás 16:00h do Cuartel da Garda Civil, facendo o percorrido e paradas habituais. Retornará do cemiterio ás 17:30Hh. Se o tempo de santos e defuntos foi propicio á multuplicación das visitas ao cemiterio, tamén as vésperas de Nadal son tempo de frecuentar os camposantos. Son datas moi especiais nos que se notan máis as ausencias dos familiares que nos deixaron.

Institucional

Publica o teu comentario agora