Autobús ao cemiterio

Autobús ao cemiterio
08 de Xullo, 2020 - 01:59 h. | Publicada por Radio Fene

Retómase o servizo de transporte público ao cemiterio municipal de Fene.

O Concello de Fene informa de que, a partir desta fin de semana, volve funcionar -co mesmo horario e percorrido- o servizo de autobús ao cemiterio municipal do Campo da Arca en Barallobre. O servizo interrompeuse en marzo por mor da pandemia provocada pola Covid-19. Así, a partir deste sábado, o autobús realizará o percorrido con saída ás 16.00 horas do cuartel da Garda Civil de Fene, pasando por Magalofes, Lubián, Fene, San Valentín, Perlío e Barallobre. Posteriormente, ás 17.30 horas, realizarase o percorrido á inversa, con saída do cemiterio municipal e con paradas nas mesmas parroquias.

Institucional

Publica o teu comentario agora