Avós moi orgullosos

Avós moi orgullosos
11 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Unha oportunidade única”. Pablo Vázquez Meizoso, un mozo de Fene, alumno da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, conseguiu un dos contratos en prácticas para universitarios no CERN, a Organización Europea de Investigación Nuclear. Desde Suíza, onde ten a súa sede este organismo punteiro, contou en Radio Fene como está a vivir esta gran experiencia profesional.

ESCOITA O PODCAST:

“Moi orgullosos, os meus avós sobre todo”. Así acolleu a súa familia o logro de Pablo. Desde o mes de agosto e ata xullo do ano que vén está traballando no Grupo de Refrixeración e Ventilación do departamento de Enxeñería desta organización de investigación europea que ten a súa sede preto de Xenebra. “Moi ben, contento”, séntese Pablo. “Desde fóra parece frío, pero está cheo de experimentos e de persoas interesantes”, describe o CERN, ao que chegou logo de superar un proceso longo de selección. Traballa no grupo que está encargado de controlar a temperatura e a humidade para garantir o correcto funcionamento dos equipos. “Disfrutando do momento”, para o que se preparou no Campus Industrial de Ferrol. Centrado no traballo, vive nun pobo francés pequeniño, onde xa caeron as primeiras neves, nun ambiente moi distinto ao de Fene, onde agarda volver para o Nadal.

Sociedade

Publica o teu comentario agora