Avería no suministro de auga

Avería no suministro de auga
04 de Decembro, 2018 - 09:55 h. | Publicada por Radio Fene

Unha rotura na conducción de auga potable en Fene provocou esta madrugada o corte no suministro a unha zona do casco urbano. A rotura produciuse no Camiño do Sartego, nas inmediacións do cruce. O corte no servizo de auga afecta a Fonte do Campo, Conces e parte baixa do Sartego.

Camiño do Sartego. Fene

A empresa concesionaria do servizo Viaqua informa que agarda rematar a reparación arredor das doce e media e a esa hora restablecer o suministro de auga potable ás vivendas afectadas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora