Avisos de que algo vai acontecer

Avisos de que algo vai acontecer
25 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Este tipo de avisos de que algo vai acontecer e logo acontece a min encántanme”, relata Paula Carballeira no clube de lectura de Radiofusión. A escritora fenesa fala neste espazo da súa nova obra de literatura infanto-xuvenil Trece avisos. Contos para ler pola noite.

ESCOITA O PODCAST:

“Hoxe por hoxe non estamos moi atentas aos avisos. Algo que as xentes doutras xeracións tiñan moi presente. Esas interferencias entre a realidade e a ficción, entre o que sabemos e o que non sabemos. Por exemplo, cando a morte ronda ou vai aparecer algo extraordinario, algo que está moi presente na tradición oral galega pero que está algo esquecido. Iso tamén para min é un síntoma de doenza, de enfermidade, de non saber levar ben estas interferencias entre a vida e a morte. Isto é síntoma dunha sociedade que ten varias carencias. Case tódalas historias deste libro son avisos de que algo vai acontecer”, relata Paula Carballeira no clube de lectura de Radiofusión

Cultura

Publica o teu comentario agora