A axenda feminista do 2018

A axenda feminista do 2018

28 de Novembro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Como ven sendo habitual por estas datas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade ultima a  Axenda Feminista 2018  que xa vai pola súa oitava edición e que, un ano máis, escolle a 12 mulleres para protagonizala. En edicións anteriores a Axenda Feminista escolleu como protagonistas a galegas dedicadas á música, á escrita, ao teatro, á poesía, á ciencia e ás labregas en leiras de mar e de terra. O misterio envolv

A Axenda Feminista 2018 mantén o formato do ano anterior cun tamaño A5, tapa branda, goma para pechala e unha cinta para marcar a páxina desexada.  O deseño das tapas correu a cargo da deseñadora Abi Castillo.
O prezo da axenda son 14 euros para toda a xente e 12 para as persoas socias do Observatorio. Poderase atopar nos seguintes puntos de venta:

Ribadeo: Libraría Casa das Letras.
Foz: Libraría Bahía.
Burela: Libraría Espacio Lector Nobel.
Viveiro: Libraría Porta da Vila.
Vilalba: Libraría O mundo de Suevia.
Lugo: Libraría Trama.
Sarria: EcoEspazoVitriol.
Santiago de Compostela: Libraría de mulleres Lila de Lilith.
A Coruña: Livraria Suévia.
Arzúa: Papelería Cartafol.
Vigo: Libraría Andel.
Allariz: Aira das letras.
Pontevedra: Libraría Paz.

Sociedade