A axuda económica aos dependentes será excepcional, segundo o novo decreto da Xunta

A axuda económica aos dependentes será excepcional, segundo o novo decreto da Xunta

04 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A prestación económica para atender aos dependentes será un recurso subsidiario e excepcional, sobre o que prevalecerá a prestación de servizos de axuda. Así o establece o Decreto de Dependencia presentado hoxe polo Goberno galego co que a Xunta quere regular o desenvolvemento da Lei de Dependencia promovida polo Goberno central. A reformulación do proceso que desemboca na concesión da axuda pública é o aspecto que máis salienta a

A rebaixa no tempo da tramitación conseguirase mediante un cambio na priorización dos expedientes e no reparto de tarefas. Así, a Xunta entende que debe ser a Administración local, “a máis próxima ao cidadán”, a que reduza a burocratización do servizo aos dependentes. A maioría de documentación e a valoración inicial sobre a prestación de servizo máis acaída a cada caso partirá dos traballadores sociais dos concellos. Ademais, o Goberno galego quere promover o uso de medios telemáticos para limitar as molestias aos solicitantes das axudas. Por outra banda, a orde de prioridade dos demandantes establecerase consonte á gravidade e o grao de dependencia máis elevado, e non por data de entrada. En  relación con isto, regúlase tamén un procedemento para casos de emerxencia, procurando resolver de inmediato os expedientes vencellados a situacións de malos tratos, desamparo ou deterioro grave do demandante.

Naqueles casos nos que non sexa posible acceder a un recurso público, a Xunta comprométese a procurar no prazo de tres meses unha solución ou resolver o caso mediante unha libranza de servizos ou prestación económica. A devandita libranza será equivalente ao cheque asistencial, cuxos beneficiarios se integrarán tamén de xeito transitorio no servizo de atención á dependencia.
Finalmente, tal e como se anunciar, regúlase o recoñecemento dos solicitantes falecidos durante o proceso de concesión das axudas. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, declarou que dependerá de cada caso se se concede unha pensión ou simplemente se ofrece unha paga compensatoria e teimou en que será preciso acreditar claramente que os familiares do finado teñen dereito a percibir a prestación.

Sociedade