Axudas aos autónomos e microempresas

O prazo para solicitalas remata o 25 de novembro
12 de Novembro, 2020 - 11:11 h. | Publicada por Radio Fene

Perto de 170 000 euros repartirán en axudas o concello de Fene e a Deputación da Coruña entre os autónomos e microempresas do municipio para compensar as perdas provocadas pola crise sanitaria da Copvid19.

ESCOITA O PODCAST:

O concello de Fene e a Deputación da Coruña acaban de lanzar as axudas a autónomos e micro empresas para compensar as perdas xeneradas pola crise sanitaria da Covid19. Son un total de 169.808 €, dos que o concello aporta 33.900€, a repartir entre os negocios que se viron obrigados a pechar e aqueles que, aínda permanecendo abertos, viron reducida a súa facturación nun 75% en relación co semestre anterior. Tamén para aqueles que se viron obrigados a acollerse a un ERTE.

As cuantías das axudas distinguen entre diferentes casuísticas: . Os autónomos sen traballadores ao seu cargo e as micro-empresas sen traballadores ao seu cargo, percibirán 1500€ . Os autónomos e micro empresas con traballadores ao seu car-go, percibirán 2000, 2500 ou 3000 dependendo do número de operarios (1, de 2 a 5 ou de 6 a 9 respectivamente) . As micro empresas sen traballadores ao seu cargo percibirán 1500 €.

Os conceptos das axudas son diversos. Van desde a compra de produtos de limpeza e desinfección, arrendamento de locais, reparación e adaptación dos mesmos, primas de seguros ou para o abono de subminístros como a auga ou a luz. As axudas comprenden o período que vai do 1 de marzo ao 31 de decembro. Fixéronse públicas o pasado luns dia 9 de nonovembro e o prazo para demandalas acaba o dia 24 deste mes ás 14.00 horas.

Deben presentarse vía telemática na sede electrónica do concello de Fene, nun espazo aberto para tal función. A dia de onte, Fene rexistraba 56 solicitudes de axuda.

A concelleira da área de promoción económica, Ana Basoa, confirma que os autónomos manifestan moito interese e anunciou que entre os meses de febreiro e marzo, o concello abrirá un portal online orientado a todos os autónomos coa intención de incentivar as súas vendas e darlles máis visibilidade.

Institucional

Publica o teu comentario agora