Axudoume a pensar

Axudoume a pensar
25 de Maio, 2023 - 08:32 h. | Publicada por Radio Fene

“A miña pel é impostura, un disfrace, un refuxio primixenio e oco, unha cova calada desconectada das outras peles, un embrión flotando no formol”. Son versos so libro 'Fraxilidades' de Gisela Mato, publicado por Espiral Maior logo de recibir o Premio de Poesía Pérez Parallé. Falamos desta obra no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión.

 

ESCOITA O PODCAST:

A profesora, escritora e filósofa, Remedios Zafra, inspira boa parte das composicións de 'Fraxilidades'. “Cadrei con esta autora baixo a recomendación dunha compañeira. É unha ensaísta brillante, unha das pensadoras máis importantes do país. 'Fráxiles', o seu ensaio sobre a ansiedade está redactado en forma de cartas a posibles lectoras do seu libro anterior 'El Entusiasmo'. Chamoume moito a atención o que contaba, como o contaba e ordeou moitas cousas que me pasaban a min pola cabeza e polo corpo. Axudoume moito a pensar” explica Gisela Mato a Andrés C.M Riveira, Ana Varela e Henrique Sanfiz.

Na imaxe, Gisela Mato nos estudios de Radio Fene.

Fotografía: Xan Xe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora