Bailando como a faba na ola

Faba na ola
16 de Outubro, 2018 - 11:25 h. | Publicada por Radio Fene

O recinto feiral de Moeche acollerá este sábado a III Festa da Faba. Os postos  do mercado abrirán, coma sempre, ás 10.00h. e media hora despois farán o propio todos os expositores con fabas á venda de todas as clases.

Feira da faba de Moeche

A terceira edición da Feira da Faba de Moeche adiantase ao sábado vinte de outubro. O programa inclue postos de venda do produto, degustacións, música e obradoiros para a rapazada. Confirmaron a súa participación produtores da cooperativa Terras da Mariña, con fabas acollidas á Indicación Xeográfica Protexida, Faba de Lourenzá. Tamén acudirán Fabas Basanta, Fabas Sanxurxo e a empresa de conservas vexetais A Castrexa. Actuará o grupo de baile Alxibeira de Narón. A Asociación Veciñal de Labacengos servirá racións de fabada a tres euros a partir das doce.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora