Bailar e cantar, todo é empezar

Vudú actúa o sabado 12 na Fundaçom Artabria de Ferrol.
11 de Xaneiro, 2019 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

Un obradoiro de danzas galegas, portuguesas e da Europa central ofréce a Fundaçom Artabria de Ferrol esta tarde, dirixido por Uxío Leira. O zanfonista Arial Ninas actuará a continuación. O grupo Vudú faino no mesmo escenario mañá sabado.

A Fundaçom Artabria acolle hoxe un obradoiro de danzas galegas, portuguesas e de Europa Central dirixido por Uxío Leira, ás 20.30h. Despois, ás 22.30 asistiremos ao concerto do zanfonista Ariel Ninas. Vudú, a banda formada por Belém Tajes e Maritxinha, presenta maña sábado 12 de xaneiro ás 22h30 na Fundaçom Artábria de Ferrol o seu novo traballo, 'Vudú Vol. III' que supón o peche dunha triloxía e o inicio dunha nova etapa. Con el, Belém Tajes –teclado e voces- e Maritxinha –baixo e loops- preséntannos o seu primeiro disco editado, cheo de sons máis pop ca nunca, percusións electrónicas e os seus inconfundibles tintes de jazz e soul.

Esta é a primeira vez que o dúo edita un disco, e faino completamente en galego, baseándose en letras tradicionais da música popular galega mesturadas con harmonías jazz e soul, percusións electrónicas e diversos efectos. Partindo de letras tradicionais que veñen directamente das súas avoas, Vudú atrévese con ritmos cercanos aos anos cincuenta en temas como ‘Xa me dixo’, a versionar cancións populares como en ‘Unha noite na eira do trigo’ e tamén a presentarnos propostas de composición propia coma o é ‘Lingua’, que xira arredor das linguas minorizadas. A entrada será de balde.

Cultura

Publica o teu comentario agora