Bakin’ Blues Ban, “Cantar historias para rir as penas”

Bakin’ Blues Ban, “Cantar historias para rir as penas”

08 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os composteláns Bakin’ Blues Band aterran mañá en Ferrol. Un proxecto musical que xorde a comezos do 2007 integrado por catro músicos de Compostela que veñen tocando en numerosas formacións da cidade dende o 1992. Nesta ocasión, e tras anos de trato coa música blues, jazz, country e soul, a proposta pretende unha destilación do que de común hai no interior destes estilos, traendo deste modo á música negra concepci&oacu

Como formación recente e experimental, a idea foi posta a proba durante o ano 2007 tendo unha moi boa acollida por parte do público en locais de Compostela, da Mariña Lucense e da Costa da Morte así como en diversos festivais do verán. É este acontecer o que nos motiva a incluir Bakin’ Blues Band como unha opción máis nas redes culturais institucionais e así darlle unha maior difusión e crecemento. 

O concerto de Bakin' Blues Band mañá sábado ás once menos cuarto da noite na Sala Run Rum de ferrol. O prezo da entrada é de 3 euros.

Sociedade