A bala na recámara de Roger de Flor

A bala na recámara de Roger de Flor

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O swing pop, country, a balada, o rock atemporal. De todas esas fontes bebe o músico Roger de Flor adubiando os seus directos cun toque persoal e humorístico. Actuará na Coruña este venres dia 25, na sala Le Club Directo (Rúa Rei Abdullah, 13). Abriránse as portas ás dez e media da noite. O prezo da entrada ascende a 4 euros.

Roger de Flor comezou a súa carreira en solitario a comezos do 2007 coa presentación da súa primeira maqueta Canciones de amor y retranca. Logo triunfou coa canción Os dous amigos, finalista do concurso A polo ghit. No 2009 sacou o disco Naturalidad Silvestre, no que inclue 8 composicións súas e unha do seu compañeiro de fatigas Serguei Izmailov. Pero Roger de Flor garda ainda unha bala na recámara. O cineasta Carlos Alberto Alonso prepara un documental sobre a vida e peripecias dos cantautores nestes comezos do século XXI. O fio conductor e protagonista desa producción audiovisual é o musico de Limodre (Fene A Coruña).

Sociedade