Baldo Martínez inaugura o Burgojazz

Baldo Martínez inaugura o Burgojazz

13 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Por noveno ano consecutivo a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo pon en marcha o Festival Burgojazz, este ano dedicado integramente ao jazz galego. Baldo Martínez ofrecerá esta noite o concerto inaugural do evento acompañado do seu grupo Proxecto Miño, unha formación que realiza música inspirada en sons tradicionais da fronteira entre Galicia e Portugal.

Baldo Martínez e Terela Grandín encabezan o cartel do Burgojazz. Tamén pasarán por Culleredo dúas formacións clásicas no panorama jazzístico galego, Jazz Vides Quartet e Alvarado Jazz Quartet, e unha representación das novas tendencias, Lobalú Trío.

Os concertos celebraranse na Aula da Natureza do Xardín Botánico Ría do Burgo, agás a actuación de Baldo Martínez que se emprazará no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de Culleredo. Todas as citas comezarán ás oito e media da tarde con entrada de balde.

Cultura