Baloncesto feminino de altura

O Concello de Ferrol acolleu a presentación do Torneo Concello de Ferrol U20 Feminino
04 de Xullo, 2019 - 02:25 h. | Publicada por Radio Fene

A selección española concentrarase en Ferrol o vindeiro martes día 9 en Ferrol, onde permanecerá até o día 28 preparando o Campionato de Europa. Tamén ao redor do día 15 chegará a Ferrol a selección de Francia.

O Concello de Ferrol acolleu esta mañá a presentación do XX Torneo Concello de Ferrol U20 feminino, que se vai a celebrar os días 19, 20 e 21 de xullo no pavillón de Esteiro, no que van participar as seleccións de España, Rusia, Serbia e Francia.

O acto estivo presidido polo alcalde da cidade, Anxo Mato, acompañado por Fernando Romay, en representación da Federación Española de baloncesto, José Luís Villamarín, vicepresidente da Federación Galega de baloncesto, o presidente do BAXI Ferrol, Leopoldo Ibáñez e dos concelleiros Julián Reina e José Manuel Rei Varela.

Os partidos celebraranse ás 18.45 e 21.00 horas e as entradas terán un custo de 6 euros por xornada, para os maiores de 18 anos, de 2 euros, para os que teñan entre 6 e 18 anos, mentres que os menores desa idade terán o acceso gratuíto. As entradas poranse adquirir, a partir do luns, no Bar Sur, sede da Pena Ruxidos de Esteiro, na rúa Magdalena 50, en horario de 12.00 a 15.00 e de 19.00 a 23.00 horas de luns a sábado, ademais do mesmo día dos partidos no propio pavillón de Esteiro.

A selección española concentrarase en Ferrol xa o vindeiro martes día 9 en Ferrol, onde permanecerá até o día 28 preparando o Campionato de Europa. Tamén ao redor do día 15 chegará a Ferrol a selección de Francia.

Deportes

Publica o teu comentario agora