A banca ética consolídase en Galiza

A banca ética consolídase en Galiza

28 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Representantes das tres asociacións de banca ética que estan a expandir o seu proxecto pola Galiza espuxeron, no marco das xornadas sobre cooperativismo organizadas pola cooperativa de consumo responsable “A Xoaniña”, os diferentes proxectos cooperativos financieiros alternativos á banca capitalista que funcionan na nosa comunidade. Un deles, FIARE Galiza presentará a súa acta constitucional o 16 de xaneiro do 2010.

A denominada Banca Etica é unha iniciativa que se puxo a andar partindo do convencemento de que o actual sistema bancario e a orixe de moitas desigualdades e en grande medida o causante da actual crise. O que a Banca Ética propón é un sistema transparente, que garanta o investimento do capital en lugares  considerados non perxudiciais, é decir, adicado a fins de carácter social. Na actualidade son tres as organizacións que están a desenvolver proxectos de Banca Ética en Galiza: a Asociación de interese solidario “O Peto”, o denominado COOP-57 e o FIARE.

A asociación solidaria “O Peto” foi a primeira que xurdíu vencellada ao mundo da banca ética e da economía solidaria hai catro anos en Santiago de Compostela. A súa actividade está dirixida fundamentalmente ao financiamento de proxectos de autoemprego de persoas en risco de exclusión social. A sociedade conta para este fin co capital que os asociados depositan e que se destinan nun 90% a financianción de proxectos e  o 10% restante a campañas de difusión.

COOP-57 é un proxecto de banca ética cooperativa que naceu en Cataluña no ano 95 para solventar as dificultades de financiamento coas que se atopan as sociedades cooperativas no sistema financieiro convencional. A sección galega desta organización conta con 16 entidades cooperativas. Esta entidade finánciase básicamente co capital destas entidades sociais e a través colaboradores que deciden poñer os seus aforros nela. As ferramentas básicas coas que opera esta cooperativa son os préstamos a longo e curto prazo, anticipo de subvencións e títulos participativos.

É de salientar que tanto a asociación “O Peto” como COOP-57 son entidades de finanzas éticas, é decir, non son banca ética no senso estricto, posto que non poden prestar servizos financieiros a particulares nin conceder créditos hipotecarios. Para solventar este marco de “ilegalidade” no que normalmente se moven este tipo de asociacións, que lóxicamente teñen que depositar os seus cartos nalgunha entidade financieira, naceu o proxecto de Banca Ética FIARE, actualmente en proceso de expansión en Galiza.

A diferencia das anteriores este proxecto sí operaria no campo legal da banca, posto que o seu capital estaría controlado polo Banco de España. O capital social necesario para poder constituir esta banca é de dous millóns de euros a depositar no referido banco de España coa obriga amáis de ter 18 millóns de euros en depósitos. Os responsables deste proxecto en Galiza están agora a desenvolver unha campaña de difusión para poder acadar estes fondos necesarios para a creación da banca e poder presentar a acta constitucional da mesma no mes de xaneiro do vindeiro ano.

Sociedade