Barallobre en festas

Festas do Apóstol e do Carme dende o 25 ata o 27 de xullo en Barallobre
24 de Xullo, 2019 - 11:51 h. | Publicada por Radio Fene

Vermú e verbena en Barallobre

A parroquia de Barallobre celebra as festas patronais. Hoxe os gaiteiros protagonizan os pasarrúas para anunciar os festexos do Santiago Apostol. O dia grande do patrón é o xoves 25 de xullo, cando celebran a misa solemne ás 12:30h. Ás 14h comezará a sesión vermú con Pasito Show e á noite a verbena contará con este grupo máis a orquestra Alkar.

Na honra ada Virxe do Carme o venres 26 baixa cara ao peirao a procesión que sae da igrexa ás 10:30h acompañada dunha banda de música. A procesión segue en lancha pola ría ata Navantia Fene. No peirao celebrase a misa dos mariñeiros. Xa no campo da festa, o grupo Pasión amenizará a sesión vermú. Éste repetirá na verbena coa orquestra Furia Joven.

O sábado 27 rematan as festas de Barallobre con sesión vermú e verbena e unha degustación de marisco da ría ás 20:00h.

Cultura

Publica o teu comentario agora