Barallobre reúne 150 sinaturas para rehabilitar a zona de Fondomar

Barallobre reúne 150 sinaturas para rehabilitar a zona de Fondomar

14 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Colectivo veciñal da Riberia de Barallobre presentou  esta mañá no Rexistro do Concello de Fene as 150 sinaturas dos veciños/as que reclaman unha solución para o edifico de Fondomar, abandoado nas inmediacións do porto dende hai moitos anos. O colectivo quere consensuar co concello un proxecto para a zona, coñecedores como son de que existía un proxecto co mesmo fín. Non descartan, no futuro,  crear unha asociación veci&nti

Na Concentración celebrada o pasado 27 de xuño,  acordaron presentar estas sinaturas no Concello de Fene, como mostra da demanda veciñal de rehabilitar o edificio de Fondomar, cuxa concesión rematou hai máis de quince anos,  a mellora do entorno, a construción dun parque e o derrube da muralla que rodea o inmoble.

Esta iniciativa cidadá pretende alcanzar un consenso social para aproveitar ese entorno para fins sociais. As ideas son moitas- falan dun centro xuvenil, deportivo, cun servizo de hostelería, etc-  Saben que o Concello garda dende hai anos un proxecto para esa zona que nunca avanzou e que podería ser o punto de partida, segundo declarou en Radio Fene un dos integrantes do colectivo, Xosé Manuel Sanjuan.

Os veciños da Riberia demandaron hoxe mesmo unha reunión co novo Alcalde de Fene e membros da corporación municipal para buscar alternativas e acadar un proxecto común, tendo en conta as outras administracións, Autoridade Portuaria , Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e a posibilidade de conseguir Fondos Europeos.

Sociedade