Barallobre xa ten calendario

Barallobre xa ten calendario
22 de Decembro, 2020 - 10:20 h. | Publicada por Radio Fene

A Liga de Amigos de Barallobre xa ten as fotos que ilustrarán o seu almanaque no 2021. Lugares como A Ribeira, o Camiñante ou a Xurreira están entre as lelexidas.

Tempo de axendas e de almanaques porque a punto estamos de cambiar os calendarios de 2020 polos do 2021. Quedan dez días para o fin de ano e toca renovar. A Liga de Amigos de Barallobre xa deu a coñecer o resultado do seu concurso fotográfico para ilustrar o almanaque da sociedade no 2021. O público asistente á exposición, que continúa colgada na Liga de Amigos ata fin de ano, votou polas imaxes que considerou que mellor representan á parroquia de Barallobre. A directiva deu a coñecer o resultado no dia de onte.

 

Estas son as 13 fotos que ilustrarán a portada e os 12 meses do ano que ven, pola orde dos votos recibidos. 1. Tempo de samaín, Nieves Canosa. 2. A Ribeira, Elsa Rodríguez 3. Arco da vella. Carmen Rodríguez 4. Unha pícara mariñeira. Conchi Souto Prieto 5. Rueiro senlleiro da parroquia. Manuel Souto Prieto 6. Posta do sol desde O Penedo. Marián Fernández. 7. Desde a Loira. María José Paz. 8. Amencer nubrado. Lola Fernández. 9. Peiraos. Fernando Ameneiros. 10. O Camiñante. María Souto González 11. Logo da treboada ven a calma. Mónica Lourido García. 12. Calma. María Teresa Gómez. 13. A corredoira do Penedo. Xesús Fernández Díaz.

Cultura

Publica o teu comentario agora