A barra de labios segue a venderse

A barra de labios segue a venderse
26 de Maio, 2020 - 12:19 h. | Publicada por Radio Fene

Necesitamos un cambio. Opina Priscila Suárez, da perfumería Dama de Fene, que non se pode seguir coa roupa do confinamento.

ESCOITA O PODCAST:

A perfumería Dama de Fene decidiu reabir as portas o primeiro día que se puido, a pesar de ser con cita previa. Priscila Suárez pasou o confinamento preocupada, consciente de que pasabamos por un momento diferente que había que aceptar. Por iso, cando se presentou a oportunidade de verse de novo coas clientas, non o pensaron. Priscila opina que o que botou de menos a clientela da súa tenda foi precisamente a elas, ás dúas persoas que a atenden e o trato persoal que lles brindan. Tamén é consciente de que botaron en falta as cremas que tiveron que estirar durante o confinamento. A crema está entre os productos máis demandados e con razón porque, explica Priscila, “ estivemos tanto tempo encerrados que a pel sofre moito”. E bromeamos coas barras de labios cando lle preguntamos se son compatibles coas mascarillas. Precisamente, contesta que os labios resécanse coas máscaras, así que son máis necesarias que nunca. “Siguen pedíndoas e seguirán usándose” sentencia Priscila Suárez.

A Dama siguen chegando os pedidos de roupa, reciben micro-coleccións segundo avanza a tempada. Agora xa teñen as prendas de verán que veñen frescas para darnos a luz e o optimismo que precisamos, en palabras de Priscila, quen nos describe vestidos de liño, frescos, camisetas divertidas e mangas graciosas, con plumas e flecos. Seguir coa mesma roupa do confinamento non é boa cousa, ven a decir a nosa convidada. As prendas de baño tamén se están recibindo xa porque este ano a primavera veu con calor. Aproveita Priscila Suárez para decir na despedida que “a xente de Fene é extraordinaria”.

(Priscila Suárez nunha imaxe de arquivo)

Sociedade

Publica o teu comentario agora