Baséome en obras doutros autores

Baséome en obras doutros autores
30 de Xaneiro, 2020 - 08:58 h. | Publicada por Radio Fene

“Baséome en obras doutros autores, pero teño a autorización deles” afirma a pintora Ana Basoa arredor da polémica xurdida pola exposición da Casa da Cultura de Fene. "Son unha pintora amateur non obtiven beneficio ningún da mostra, xa que a realicei sen ánimo de lucro", conclúe a artista.

ESCOITA O PODCAST:

Intervención completa de Ana Basoa na clausura da exposición Poñendo luz á noite

http://173.255.131.18/audio/300120BASOA.mp3

Exposición de Ana Basoa

"É certo que cometín un erro ao non especificar claramente que algunha das obras son réplicas ou están inspiradas en obras de outros autores", manifestou Ana Basoa.
O Concello de Fene enviou un requirimento á autora da exposición “Poñendo luz á noite” concedéndolle un dia para que acredite a autoría das obras. Unha medida adoptada a raíz do informe da responsable do Museo do Humor. Ana Basoa asegurou que lle dará traslado hoxe das autorizacións ao Rexistro municipal. Ao acto de clausura da mostra acudiron unhas 60 persoas e discorreu segundo o previsto, coa actuación musical de Humberto Basoa, despois da intervención da artista.

 

 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora