Batucada contra a violencia

Un obradoiro de batucada organiza o concello de Cabanas arredor do 25N.
15 de Novembro, 2019 - 01:22 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Cabanas racha co silencio o 25 de novembro, Día contra a violencia machista.

ESCOITA O PODCAST:

Entrevistamos a Paula González e Iago Varela, concelleiros de Cabanas

http://173.255.131.18/audio/151119GONZALEZ.mp3

O concello de Cabanas púxolle ao 25N este lema “Rachemos co silencio” E vaia se o van rachar porque este sabado 16 comeza un obradoiro de batucada que se alongará ao sabado seguinte, o dia 23. As persoas que decidan participar construirán instrumentos de batuca e aprenderán os ritmos principais desta modalidade de percusión. A concelleira de Igualdade de cabanas, Paula González, explicounos que a iniciativa será os sabados  11:00 a 13:00h  na Casa do Concello de Cabanas. O máis bonito será que, co aprendido, as novas batuqueiras racharán o silencio polo paseo da Magdalena, o mesmo 25 de novembro Día contra a Violencia de Xénero.

Non é a única actividade da campaña. Tamén se proxectará este sabado un capítulo do programa “Desertores do asfalto” e outras iniciativas destinaranse ao alumnado do colexio Eladia Mariño e do IES Fraga do Eume. O tenente de alcalde  de Cabanas, Iago Varela, confirmanos que o caso de Elisa Abruñedo, veciña de Lavandeira asasinada hai seis anos, segue aberto pero sen novidades.

Para participar no obradoiro de batucada é preciso inscribirse no teléfono 981 495 959.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora