Bautista Vega: “ A Xunta apoiános nun principio e á hora da verdade achántase”

Bautista Vega: “ A Xunta apoiános nun principio e á hora da verdade achántase”

06 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O decreto do carbón prima a utilización dos combustibles españois e as centrais térmicas galegas piden compensacións. As consecuencias desta normativa son nefastas para Galicia, declarou en Radiofusión o presidente do comité de empresa de Meirama, Bautista Vega. “Outórgase o 15% as dúas plantas galegas despois da remodelación das instalación para baixar a contaminación e agora co Real Decreto poderían quedar par

As consecuencias, derivadas polo decreto, afectarían en Cerceda principalmente, aos traballadores das empresas auxiliares que se ocupan do transporte, da limpeza e de obras e reparacións, explicou o representante sindical. “Quedarían abocados ao paro e tamén repercutiría negativamente nos restaurantes e cafeterías. Todo o que se move arredor da planta de Meirama”.

Desde o comité de empresa de Meirama, agárdase manter estes 3500 postos de traballo. Tanto a das Pontes como a de Cerceda están preparadas para competir en prezo e a nivel de contaminación co resto das españolas. “Para iso cambiamos o combustible, que supuxo un gasto inxente de cartos. Agora resulta contradictorio  que a Unión Europea dea o visto bo a este decreto”, subliñou Bautista Vega.

Aínda que o decreto non “ten marcha atrás”, reclaman do goberno central unha fórmula para manter estes postos de traballo en perigo. O sindicalista aposta pola repartición das axudas estatais entre todas as tecnoloxías e non que se dirixan só ao carbón de importación. Esixen unha repartición ecuánime.

Os traballadores das centrais térmicas de Meirama e As Pontes, coordinarán accións de protesta conxuntas contra o decreto do carbón, aprobado o pasado venres polo Consello de Ministros. Recurrirán ante o Tribunal Supremo e acordarán un calendario de mobilizacións.

Vega tamén critica a postura da Xunta de Galicia. Primeiro nos apoian pero á hora da verdade os deputados galegos non defenden os nosos intereses, subliñou.

Sociedade