Begonte será a sé do Campionato Provincial Escolar de Tae Kwon Do

Begonte será a sé do Campionato Provincial Escolar de Tae Kwon Do

29 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Pavillón Municipal de Baamonde, no concello chairego de Begonte, acollerá, na mañá do sábado a partir das 10.30 horas da mañá, o Campionato Provincial Escolar de Tae Kwon Do e no que participarán os equipos do Centro Deportivo Jansu de Vilalba, os colexios de Baamonde, Begonte e Rábade e a Escola de Tae Kwon Do lucense. Este campionato entra dentro do programa de Xogade, que está a ser promovido pola Xunta de Galicia e pola delegaci&oac

As categorías nas que participarán os nenos serán as de Benxamín (nados entre o 2000 e o 2001), Alevín (1998-99), Infantil (1996-97) e Cadete (1994-1995), e nas disciplinas de Técnica, Demostración e Exhibición.

Open Embaixador de Corea

O loitador do club Moo Duk Kwan de Vilalba, Michael José López, participará no Open X Trofeo do Embaixador de Corea, que se celebra na localidade madrileña de Móstoles o vindeiro domingo 2 de maio. López disputará a categoría de menos de 68 quilos, nun campionato que se rexerá por pesos olímpicos.

Os campións recibirán como premio unha viaxe a Corea entre o 1 e o 9 de xullo para participar na World Tae Kwon-Do Culture Expo de Muju. O evento está organizado pola Asociación Coreana de Tae Kwon Do en España, e colaboran a Embaixada do país asiático, así como o Concello de Móstoles, as Federacións Española e Madrileña desta disciplina e o Mundial de Tae Kwon Do.

Convocatoria para o Campionato de España

Por outro lado, a deportista Janice López Castelo foi convocada pola Federación Galega desta arte marcial para buscar praza no vindeiro campionato de España Cadete e no Open Internacional de Arrigorriaga.

Deportes