BellónMaceiras e viceversa

Dous caracteres que se complementan na música e na xestión da súa escola
30 de Maio, 2019 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os músicos Dani Bellón e Diego Maceiras son socios na xestión da Escola de Música e forman tamén o dúo BellónMaceiras de gaita e acordeon. Actúan por toda Europa e preparan con calma un novo disco.

ESCOITA O PODCAST:
BELLONMACEIRAS2019

A Escola de Música BellónMaceiras abre un ano máis a súa matrícula de cara ó próximo curso 2019/2020. Será o décimo curso dende que abriu as súas portas en setembro de 2010. Ubicada en Perlío (Fene) na rua Antonia Montero, está co-dirixida polos músicos Daniel Bellón e Diego Maceiras. O dia 22 de xuño celebran a festa de fin de curso e elexiron como escenario o Pote de Maniños. O alumnado actuará amosando o aprendido na aulas de Perlio. Dani Bellón quere que a xente do extrarradio teñan oportunidade de asistir a concertos como este.

As modalidades de clases que ofrecen son tanto individuais como colectivas, en grupos reducidos; feitos por idade e por nivel. Impártense, ademais, clases a distancia a través de Skype. O perfil do alumnado é diverso e depende do instrumento. Diego Maceiras, por exemplo, en acordeón ten alumnos dende os 5 aos 74 anos.

O profesorado da Escola BellónMaceiras ofrecen clases de gaita, acordeón, percusión tradicional, canto e harmonia. Tamén de batería, guitarra, piano, saxofón, baixo e solfexo. Todos os niveis e todas as idades. A matrícula xa está aberta para o novo curso, na Escola de Música BellónMaceiras en Perlío.

Cultura

Publica o teu comentario agora