Ben merece unha visita ou dúas

Ben merece unha visita ou dúas
14 de Xullo, 2020 - 09:40 h. | Publicada por Radio Fene

Asentada sobre o castro de Untia, Betanzos, unha das sete capitais de provincia do antigo reino de Galicia, celebrou en 2019 o 800 aniversario da súa fundación. Visitámola con máscara e ben guiados pola betanceira Helena Carro.

ESCOITA O PODCAST:

Fernán Pérez de Andrade -o Bo- foi o señor máis importante do século XIV en Galicia. O seu monumental sepulcro consérvase na igrexa de San Francisco de Betanzos. Trátase da mellor obra do gótico, en granito, “con toda a simboloxía dos Andrade, mesmo o xabarín, todo está aí” afirma a guía turística de Betanzos, Helena Carro. Nun primeiro momento, o sepulcro estaba no ábside principal da igrexa, xunto á súa dona, Dona Sancha, que agora se encontra no Museo das Mariñas. “O sepulcro do Fernán Pérez de Andrade trasladouse dúas veces de lugar, antes a un lateral e finalmente podemolo ver debaixo do coro, nos pés da igrexa para que podan disfrutalo os visitantes” explica Carro. Esta pode ser unha das paradas da visita guiada que ofrece o concello de Betanzos e que debe contratarse no propio concello a grupos que non excedan as 25 persoas.

A visita iníciase na Praza García Hermanos que no seu día foi o campo da feira, un espazo extramuros que se ten convertido hoxe no centro da cidade. Porque Betanzos tivo muralla defensiva e cinco portas. Un porto moi importante de onde saía o viño e o sal. A visita á igrexa de Santiago onde se atopa o retablo de Cornelius de Holanda; a historia dos irmás García Naveira, grandes benefactores da cidade, aos que se deben o Pasatempo ou o lavadeiro público; a historia do globo ou da farmacia Couceiro e da familia Núñez, son algunas das paradas obrigadas nesta visita á que foi unha das cidades máis importantes da Galicia medieval.

Xantar unha tortilla baixo a sombra das palmeiras será o colofón perfecto a unha visita inaprazable.

Cultura

Publica o teu comentario agora