Beneficios de 9 millóns de euros e 80 despedidos

Beneficios de 9 millóns de euros e 80 despedidos
02 de Xuño, 2020 - 01:21 h. | Publicada por Radio Fene

Con aplausos recibiron esta mañá os traballadores de Noa Madera Creativa á portavoz do BNG Ana Pontón. A dirixente nacionalista achegouse á empresa de Vilar do colo para trasladar o apoio do Bloque ás esixencias dos traballadores de mantemento do emprego. Ë unha empresa viable, con carteira de pedidos e con futuro, e é inaceptable que o grupo Malasa deixe á xente na rúa só para maximizar beneficios.

Ana Pontón en Noa Madera Creativa

O BNG solicitará a comparecencia do conselleiro de Industria no Parlamento Galego. A Xunta de Galicia debe explicar que está a facer para impedir os despidos en Noa. Neste contexto de covid 19,. coa crise que se anuncia é aínda máis importante evitar a perda de postos de traballo, segundo Ana Pontón. Que está facendo o presidente da Xunta de Galicia para darlle unha alternativa e unha viabilidade a Noa Madeira creativa, preguntouse a deputada do Bloque. "Foron once anos dun goberno da Xunta que non tivo política industrial".

80 traballadores despedidos. Outros 80 a unha regulación de emprego. Esa é a proposta da dirección de Noa Madeira Creativa, a fábrica de Vilar do Colo que traballa para Inditex e Adidas. O grupo Malasa pretende aplicar un modelo laboral en precario, usando empresas de traballo temporal e falsos autónomos e eliminando aos empregados con contrato fixo e representación sindical. Queren desmantelar Noa, segundo o presidente do comité de empresa Marcos Diaz. O período de consultas dos despidos e regulación de emprego en Noa madeira creativa finaliza este xoves 4 de xuño.Os traballadores denuncian que a empresa está desmantelando as instalacións en Fene alegando causas económicas e de produción "a pesar de que o grupo Malasa tivo beneficios de 9 millóns de euros no ano 2019".

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora