Benvido Apalpador

O concello de Fene optou polo personaxe galego para achegar o Nadal aos escolares
18 de Decembro, 2018 - 08:38 h. | Publicada por Radio Fene

O Apalpador acude aos centros escolares feneses acompañado da súa axudante A trasniña e o grupo de teatro Furabolos.

Convidado polo Concello de Fene, o Apalpador iniciaba onte unha rolda de visitas ós centros de ensino do municipio. Acudía ao CPI A Xunqueira, CEIP Centieiras e CPR Jorge Juan e, hoxe martes, estará ás 10 da mañá no CEI de Sillobre, ás 12 no CEIP Os Casais de Maniños e ao CEIP Plurilingüe O Ramo chegará contra as 13,15 h.

Unha visita moi especial que se acompaña da función “O Apalpador” a cargo do grupo de teatro Os Furabolos. A obra, asinada por Carlos Labraña, narra a historia deste singular personaxe e da súa axudante Trasniña. Así mesmo, nenos e nenas aprenden con ela a cantar as cancións tradicionais sobre a súa figura.

Institucional

Publica o teu comentario agora